As familias galegas poden chegar a gastar 500 euros coa volta ó colexio

    PREPARATIVOS_COMEZO_CURSO copy.jpg SALNÉS> Preto de 200.000 nenos galegos de infantil e primaria comezarán o novo curso escolar este venres nos diferentes centros da comunidade.

    {flowplayer}images/salnes/PREPARATIVOS_COMEZO_CURSO.flv{/flowplayer}
     
    Preto de douscentos mil galegos de infantil e primaria comezarán un novo curso escolar este venres.
     
    Estes días, as familias fan as últimas compras para ter todo lista para a volta ó colexio. Por iso, moitas librerías enchénse esta semana de pais cos seus fillos.
     
    Segundo a enquisa realizado pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, o gasto total que se realiza en material escolar, ademais de roupa, calzado, comedor e transporte ascende ós 488 euros por neno. Isto implica que moitas familias teñan que facer un esforzo adicional nas súas economías.
     
    A pesares das axudas que concedeu a Xunta de Galicia para mercar os libros de texto e o material, para moitas familias é insuficiente. Por iso, teñen os seus propios métodos para aforrar coma pode ser aforrar durante o verán ou mercar o material de calidade, pero o máis barato. 
     
    Polo momento, as familias terán que agardar as listas de material que lle entregarán ós seus fillos o primeiro día de clase para facer as últimas comprar para este curso 2010/2011.
     
     
    Redacción Salnés