A USC presenta a súa oferta formativa para o vindeiro curso en Vilagarcía

    usccopy.jpgVILAGARCÍA> Este ano, a USC ofrece un total de 46 graos, 74 posgraos e oito cursos ponte. O período de matrícula comezará en xullo.

    {flowplayer}images/salnes/OFERTA_ACADEMICA_USC.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a Vicerreitora de Grao e Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela presentou en Vilagarcía a oferta formativa que acollerán, tanto os campus da capital galega coma o de Lugo, de cara ó vindeiro curso escolar.

    O Campus de Santiago é o que máis graos e posgraos ofrece no marco do espazo europeo de Educación Superior. Son un total de 31 graos e seis cursos ponte. No caso de Lugo a oferta acada os 14 graos e dous cursos ponte. No tocante ós másters o número supera os setenta que abarcan as cinco grandes áreas.

    En canto á matrícula, naquelas titulacións con límite de praza, xa a poderán facer efectiva a comezos do vindeiro mes de xullo.

    Se atendemos ó perfil do estudante matriculado na Universidade de Santiago, segue primando o xénero feminino. Por áreas xeográficas, a procedencia é maioritaria desde A Coruña, sendo Pontevedra o segundo lugar con preto de seis mil setecentos estudantes. Nesta cifra, o Salnés cobra especial relevancia.

    Este ano como novidade, os alumnos da USC poderán facer efectivo o pago da matrícula a través de internet con tarxeta de crédito.

    Redacción Salnés