Sanxenxo, Mellor Destino Turístico SICTED 2015 de España

    SANXENXO> Sanxenxo, premio ao mellor destino turístico SICTED 2015 de España. Por primeira vez un concello galego álzase con este recoñecemento. Así mesmo a súa técnica municipal recibiu tamén o premio como “Primeira Finalista ao mellor xestor”.

     

    O alcalde do Concello de Sanxenxo Gonzalo Pita recibía esta mañá en FITUR das mans da Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, o premio ao Mellor Destino Turístico SICTED de España en 2015. Un recoñecemento que ven acompañado da selección da súa técnica municipal como a “Primeira Finalista ao Mellor Xestor 2015”, dous galardóns que recaen por primeira vez nun concello galego.

    Elixidos polo Instituto de Turismo de España e a Federación Española de Municipios e Provincias, estes recoñecementos disputábanse entre 189 destinos de toda España e máis de 5.200 empresas.

    O premio recoñece o compromiso e a aposta das institucións e as empresas coa calidade turística e a mellora constante dos seus servizos.

    Xunto a el, Romina Fernández, recibiu o premio Primeira Finalista ao Mellor Xestor co que se recoñece o traballo da persoa que xestiona o desenvolvemento e implantación do sistema nas empresas e servizos públicos turísticos nese destino.

    O proxecto SICTED implantouse en Sanxenxo fai máis de 10 anos e conta na actualidade con 113 empresas e sentidos públicos e cerca de 30 máis adheridas. Sanxenxo é o municipio galego con máis empresas distinguidas en Calidade Turística.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/premio_sanxenxo_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/premio_sanxenxo_fitur.mp4{/flowplayer}