![]()
CAMBADOS > O BNG de Cambados considera que o tráfico é un dos maiores problemas deste concello. Por iso plantexaron un programa neste eido que plantexa medidas concretas.
O BNG de Cambados presentoulle hoxe ós comerciantes e hosteleiros o seu programa de tráfico. Tras confirmar que éste é un dos maiores problemas da vila, os nacionalistas confeccionaron un exhaustivo programa co que esperan solucionar as carencias de aparcamento. O plan inclúe medidas a longo, medio e curto prazo.
A máis inmediata sería a contrucción dun parquin soterrado de dúas prantas que se faría en dúas fases. Esta medida custaría entre 3 millóns e medio e catro millóns de euros que serían asumidos, segundo o candidato, sen problemas pola iniciativa privada xa que é unha zona de gran demanda.
A medio prazo actuaríase na zona da praza de abastos, a lonxa e a nave de prego onde se remodelaría todo o entorno e se faría tamén un aparcamento soterrado. E a longo prazo prevén ter en conta esas dúas grandes áreas verdes sen desenvolver que se incluirían no Plan Xeral como zonas de crecemento natural de Cambados e teríase en conta a necesidade de aparcamentos. Deste xeito o BNG cre que se remataría co problema do aparcamento en Cambados.
Redacción Salnés








