VILANOVA> A Xunta de Galicia retirará e reconstruirá a parte centra da ponte de Santa Marta. Os traballos realizaranse de forma paralela, por un lado a retirada do van central e, ao mesmo momento, a construción da tipoloxía da ponte, finalmente procederase á instalación do tramo renovado. As obras comezarán en verán coa previsión de volver a habilitar a ponte a finais de ano.
Un mes despois de que cedera parte da estrada da ponte de Santa Marta, a Xunta de Galicia anuncia que xa ten finalizado o proxecto para solucionar os problemas que causaron os problemas estruturais.
A reconstrución afectará aos 60 metros centrais da ponte, o tramo principal que vemos por riba do muro, e farase en dous partes que se levarán a cabo practicamente de forma paralela.
Dende a Xunta anuncian que non escatimarán en gastos para reconstruír a ponte, garantir a seguridade e reabrila ao tráfico. Sinalan que a construción e o seu mantemento foi durante anos competencia da Deputación de Pontevedra á que lle abren a man para colaborar no novo proxecto.
A ponte afecta aos concellos de Ribadumia e de Vilanova. Ambos alcaldes agradecen o traballo da consellería.
A previsión é que os traballos comecen en verán e se rematen a finais de ano. O problema que supón ter a ponte pechada, afecta agora mesmo a ambos concellos pola celebración nas próximas datas das festas de Santa Marta, pero os alcaldes anunciaron que xa traballan nunha alternativa para que a festa non se vexa afectada.