A reforma da Praza de Abastos comezará o vindeiro mes de outubro

    proxecto_mercado_vilagarcia copia.jpgVILAGARCÍA> As obras executaranse en dúas fases e suporán a mellora integral do edificio, respectando as normas de accesibilidade, hixiene e seguridade.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_MERCADO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A edil de Promoción económica do Concello de Vilagarcía, Rosa Abuín, presentou xunto á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos o proxecto de reforma da Praza. Este abrangue unha mellora integral do edificio respectando a normativa de accesibilidade, hixiene e seguridade. Deste xeito, respóndese ás demandas dos praceiros quenes levaban anos solicitando unha mellora no edificio. Rosa Abuín confesa que o atraso debeuse a que tiveron que agardar ó informe de Patrimonio porque se trata dun edificio do ano 1929.

    Nestes momentos o proxecto atópase en proceso de licitación pero levarase a cabo en dúas fases. A primeira conta cun orzamento de un millón setenta e sete mil euros. Agárdase que as obras da primeira fase comecen no mes de outubro. Agora, o concello confía en atopar o antes posible o financiamento para poder executar a segunda fase do proxecto.

    Redacción Salnés