A Deputación de Pontevedra inaugura o xoves a Ponte de Santa Marta

    pontesantamarta100_030407.jpgVILANOVA > A Deputación de Pontevedra porá en funcionamento a variante de Pontearnelas este xoves. A UTE adxudicataria das obras …

    … dedica estes días a deixar lista a iluminación da nova ponte e ó pintado da sinalización horizontal. A infraestructura permitirá desconxestionar o tráfico no núcleo de Pontearnelas, ademais de mellorar a seguridade viaria da zona.

    Quedan a penas dous días para poder circular pola ponte de Santa Marta e pola variante de Pontearnelas. A UTE encargada das obras ultima os traballos de iluminación e sinalización para deixar esta infraestructura lista de cara ós festivos de Semana Santa. A obra, promovida pola Deputación provincial de Pontevedra, contou cun investimento total de máis de tres millóns de euros, cifra que inclúe as expropiacións. O máis destacado do proxecto foi a construción dunha nova ponte sobre o río Umia, na localidade de Pontearnelas, xa que a existente ata o de agora, a ponte dos Padriños, é moi estreita e conta con curvas pronunciadas en ambas as dúas beiras, feito que aumenta a súa perigosidade.

    pontesantamarta200_030407.jpgO novo viaducto leva por nove Ponte de Santa Marta atendendo as suxestións recollidas pola Deputación nunha consulta popular aberta na súa páxina web o pasado mes de marzo. Lémbrase deste xeito a popular romaría que se celebra en Pontearnelas cada 29 de xullo. O viaducto conta cun deseño orixina, cunha estructura en arco imaxinativa e perfectamente integrada no entorno medio ambiental. Para a reducción do impacto ambiental tamén se procedeu á revexetación dos taludes abertos para a infraestructura. Os principais obxectivos desta actuación foi desconxestionar o tráfico do núcleo vilanovés e darlle servizo ós polígonos industriais da zona. Ademais, ampliouse a seguridade dos peóns coa construcción de beirarrúas.

    Redacción Salnés