SANXENXO> As obras de ampliación da EDAR de Paxariñas e do emisario de Montalvo superan xa o 10% de execución. Os traballos están avanzando a bo ritmo e dentro dos prazos previstos. A nova estación depuratdora premitirá tratar as augas residuais dunha poboación de ata 100.000 habitantes dos concellos de Sanxenxo e Poio. Conta cun investimento de máis de 26 millóns de euros do goberno central.
Esta mañá tivo lugar unha reunión de seguimento do proxecto da EDAR de Paxariñas. Unha actuación declarada de interés xeral do Estado e que inclúe, ademais da ampliación da depuradora, a contrución de novos colectores e estacións de bombeo en Raxó e Areas e a execución do emisario submarino de Montalvo. Uns traballos que, no seu conxunto, superan xa o 10% de execución, mantendo a previsión de ter todo rematado en agosto de 2025.
A actuación suporá un antes e un despois para o tratamento das augas que se verten á ría de Pontevedra, permitindo tratar os residuos dunha poboación de ata 100.000 persoas de Sanxenxo e Poio. Conta cun orzamento de 26 millóns de euros.
Ademais, Pedro Blanco puxo en valor a colaboración entre as administracións implicadas para levar adiante o proxecto. Un entendemento que tamén resaltaron os alcaldes dos dous concellos aos que beneficia a ampliación da EDAR.
A previsión é que antes deste verán a comisión de seguimento deste proxecto volva reunirse, do mesmo xeito que fixo esta mañá, para seguir analizando a evolución da execución dos traballos e da adxudicación dos fondos comprometidos.











