Pymes.com, unha fiestra en Internet para a pequena e mediana empresa

    VILAGARCÍA> A Cámara de comercio de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación do primeiro directorio público da empresa española: pymes.com. Segundo o seu creador, non se trata dun directorio ao uso, senón que se trata dun conxunto de páxinas webs que a plataforma ofrece ao máis de millón e medio de empresas que xa o compoñen.

     

    Un directorio de empresas composto polas webs das compañías. Isto é pymes.com, un proxecto que nace coa colaboración das cámaras de comercio de España.

    De entrada, o espazo de cada unha das empresas recollerá os datos que posúen as Cámaras. A partires de aí, as compañías poderán engadir información sobre produtos ou servizos, ou incluso crear a súa propia tenda online.

    Ademais dun índice de notoriedade baseado nas valoracións da empresa, pymes.com inclúe un servizo novidoso: a posibilidade de coñecer a situación financeira da compañía.

    Todas son ferramentas que permiten incrementar a transparencia sobre as empresas. Algo que, segundo a Cámara de Vilagarcía, non ten por que dar vértigo.

    Pymes.com tamén ven de crear un selo de calidade, outra medida destinada a incrementar a confianza nas empresas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/directorio_pemes_camara_comercio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/directorio_pemes_camara_comercio.mp4{/flowplayer}