Cociñeiros Michelín impartirán obradoiros de cociña en Boiro

    mexillon.jpg BOIRO> A concellería de Turismo pon en marcha unha iniciativa para promover o consumo dun dos recursos máis importantes da súa economía: o mexillón.

     
    O proxecto inclúe tres obradoiros de cociña que achegarán ata Boiro os mellores profesionais do panorama galego. O primeiro desenvolverase o próximo luns día 13 no centro social de Escarabote.
     
    {flowplayer}barbanza/proxectomexillon.flv{/flowplayer}
     
    Os profesionais do restaurante Ácido de Santiago elaborarán diversas tapas co mexillón como ingrediente principal dando boa mostra de porque foron premiados nas tres edicións do concurso de tapas organizado na capital galega. O luns nove de outubro tocaralle a quenda ó cociñeiro do restaurante ‘Pepe Vieira, Camiño da Serpe’, establecemento que ten a honra de contar cunha estrela michelín. Esta vez, en lugar de tapas elaboraranse pratos completos que os participantes terán ocasión de degustar na compaña de viños selectos difícil de atopar no mercado.
     
    Receitas internacionais
     
    Os sabores internacionais resérvanse para o último dos obradoiros que terá lugar o 25 de outubro en Abanqueiro. Nel exploraranse novas formas de preparar o mexillón. 
     
    Ademáis entre o 28 e o 31 de outubro desenvolverase un certame de tapas no que poderán participar os locais hostaleiros do municipio. No marco do proxecto contémplase  a visita de medios especializados que terán ocasión de coñecer o proceso de produción do mexillón.
     
    A inversión total destas actividades ascende a 21 mil euros, dos cales case dezanove mil proveñen dos fondos do Grupo de Acción Costeira.
     
    Redacción Barbanza