AMBAR promove a conservación ambiental de espazos protexidos a través do proxecto Lique

RIBEIRA> Máis de medio cento de usuarios de AMBAR, acompañados de familiares e achegados, participaron ó longo deste verán nas actividades de divulgación medioambiental enmarcadas no proxecto Lique. O programa incluíu visitas guiadas a espazos protexidos e obradoiros sobre flora e fauna.

Ó longo deste verán, a asociación AMBAR desenvolveu o proxecto ‘Lique’ de conservación e divulgación ambiental ó abeiro dunha subvención do GALP Ría de Arousa.

O proxecto, coordinado pola empresa Arenaria, incluíu varias visitas guiadas ás illas de Sálvora e Cortegada así como ó parque natural das Lagoas de Carregal e Vixán e as dunas de Corrubedo. Ademais de achegarse á fauna e flora destes espazos protexidos, desenvolvéronse obradoiros sobre as especies mariñas ou produtos da pesca.

A experiencia, para as 265 persoas que participaron entre usuarios de AMBAR, familiares e achegados, non puido ser máis satisfactoria.