Boiro contará cunha comunidade solar da man de Boiro Padel e Iberdrola

BOIRO> Será ademais o primeiro municipio da provincia da Coruña en dispor dunha instalación deste tipo.

A iniciativa vén da man da empresa Boiro Padel en colaboración Iberdrola.

O proxecto permitiralle ós veciños beneficiarse do autoconsumo sen necesidade de contar cunha instalación propia no seu domicilio.

O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, mantiveron un encontro con responsables da empresa para coñecer como se vai desenvolver a actuación. Segundo indicaron, o proxecto posibilitará que as vivendas da zona de influencia se beneficien da xeración de enerxía de forma respectuosa co medio, contribuindo á baixada da pegada de carbono e á iniciación no uso das enerxías renovables.

Grazas a el obterán tamén unha rebaixa importante da súa factura da luz.

A instalación dos paneis está previsto que se inicie xa a partir da vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí