![]()
CAMBADOS> A xunta porá en marcha 70 cursos para máis de 1.000 traballadores do sector pesqueiro en colaboración coa Federación Galega de Confrarías.
Traballar no sector pesqueiro esixe un alto grao de profesionalidade e precisa formación específica en cada posto de traballo, segundo o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Benito González. Destacou así a importancia do anuncio da Consellería de colaborar ca Federación, na posta en marcha de cursos de formación para os traballadores do sector.
A formación capacitará aos traballadores do mar para obter, por exemplo formación básica, sanitaria: específica ou avanzada, para operador restrinxido ou garda de pesca marítimo. Esta primeira colaboración ten afán de continuidade cara ao 2011. A Consellería de Traballo seguirá fiel ás súas liñas fundamentais: a prevención de riscos laborais e a mellora da cualificación dos traballadores. Os cursos levaranse a cabo nas diversas Confrarías galegas.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/conselleira traballo cambados.flv{/flowplayer}








