Sanxenxo conta co primeiro posto autónomo de aluguer de cadeiras e paraoles

SANXENXO> Sanxenxo continúa apostando pola innovación nas súas praias. A marca Sloowy presentou hoxe o primeiro posto de aluguer de cadeiras e parasoles a través dunha aplicación. A caseta e os instrumentos contan con todas as medidas de prevención fronte á Covid 19.

A praia de Silgar conta xa cun novo sistema pioneiro en España. Trátase dun posto de aluguer de cadeiras e parasoles que se xestiona a través dunha aplicación. Os interesados reservan o seu instrumento, o recollen no posto e pagan polo tempo de uso.

O seu funcionamento é moi sinxelo. Os clientes reservan os seus instrumentos e unha vez que están preto do posto, confirman que o van abrir e a aplicación dálle a autorización.

O posto conta con 80 cadeiras e 40 parasoles. Os clientes poden reservar as cantidades que lles interesen cuns prezos módicos.

O posto, ademais, conta con todas as medidas de prevención fronte á Covid 19.

O sistema comezará a funcionar ao longo desta semana. Terá un horario de 9 da mañá a 9 da noite e está situado no paseo de Silgar no cruce coa rúa Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí