O PSOE de Pontecesures aproba unha lista á marxe de Sabariz

    oscargerpe_100_210207.jpgPONTECESURES > A ansia da dirección do PSOE por impoñer ós candidatos estalles provocando enfrontamentos coas agrupacións locais.

    O Psoe cesureño convocou asemblea o luns, último día dado polo Comité Federal para refrenda-las listas, pero o candidato, Luís Sabariz, non apareceu. ‘Sorprendeunos que non aparecera o candidato á asamblea do seu partido’, asegura o secretario xeral, Óscar Gerpe, quen engade que foi entón cando os militantes socialistas ‘se enfadaron e esixiron que o comité local presentase unha lista’.

    Foi entón cando se presentou unha que, encabezada por Sabariz, levaba de número 2 ó propio Gerpe, no número 3 ó estudante de Políticas, Inga Fariña, de cuarto a un militantes histórico, José Alfonso Iglesias Puente e no quinto á sindicalista, Ana María Refojo.

    O secretario xeral do Psoe e anterior candidato asegura que as listas deben ser consensuadas, e que non ten constancia de que a Sabariz se lle dera carta branca para face-la súa, como asegura el.

    Agora hai unha lista aprobada, e haberá que ver que di o partido anque o que máis lamenta Gerpe é que o PSOE deixe de lado á xente que leva anos traballando polo PSOE en Pontecesures.

    Redacción Salnés