Boiro alegará ó POL para asegurar o crecemento dos núcleos rurais

    polboiro100.jpgBOIRO> O executivo boirense presentará alegacións ó POL antes da súa aprobación definitiva para reducir a zona de protección medioambiental.

    {flowplayer}barbanza/alegacionspolboiro.flv{/flowplayer}

    O documento resultante trala aprobación inicial do POL contempla algunhas das suxerencias propostas polo concello de Boiro para reducir a afectación sobre determinados núcleos. Así, ademais de rebaixar a influencia en varias zonas de protección de corredor ecolóxico, garántense as posibilidades de desenvolver os plans parciais de Barraña e o da finca de Goiáns.

    Pola contra quedan afectadas o resto de áreas de reparto e plans parciais así o terceiro ámbito do Plan parcial de Cabo de Cruz, que na actualidade se atopa paralizado. Estas cuestións preocupan ó executivo que se amosa especialmente alarmado pola gran influencia da zona de protección medioambiental que impide a expansión dos núcleos rurais onde se concentra maior parte da poboación, especialmente nas parroquias do Castro e Abanqueiro.

    Tal e como está actualmente o documento, as posibilidades de crecemento do municipio limítanse ós terreos que discorren por riba da autovía, zona principalmente de monte onde apenas existen vivendas.

    Campaña informativa

    Antes da aprobación definitiva do plan, os particulares tamén teñen ocasión de presentar alegacións. Dende o concello están a desenvolver unha campaña informativa polas distintas parroquias, tal e como fixeran cando recibiron o borrador inicial, para dar a coñecer ós veciños os distintos graos de afectación nos que se sitúan as súas propiedades.

    O executivo local lembra a importancia deste documento que rexerá o futuro ordenamento municipal, actualmente en fase de revisión.

    Redacción Barbanza