Dous sponsor axudarán ó Arousa a pagar as súas débedas

arousacopia100.jpgVILAGARCÍA> O Arousa vai atopando axudas para resolver a súa complicada situación económica. Nos últimos días, o clube conseguiu dous sponsor, unha cifra que a directiva espera que aumente nos próximos días coa chegada doutro.

{flowplayer}images/salnes/AROUSA1.flv{/flowplayer}

Algo máis de 70 mil euros é a débeda que o Arousa ten contraída cos seus ex xogadores. Por este motivo, os contratos cos novos sponsors é unha gran noticia para a actual directiva do clube, formada pola xestora de Manolo Abalo. As cantidades aportadas por estes empresarios, serán empregadas polo conxunto arlequinado para afrontar parte das súas débedas.

Unha situación complicada, á que se suman as declaracións realizadas onte polo ex secretario do Arousa, Ramón Pérez Longo, que dimitiu o pasado 1 de setembro. Nelas, Pérez Longo solicitaba a Manolo Abalo que fixera públicos os verdadeiros motivos da renuncia do que fora secretario na directiva de José Manuel Gómez.

O Arousa tamén anunciou que repartirán entre os medios de comunicación 25 carnets de socios, para que sexan sorteados entre a audiencia. A Clínica Vitaldent de Vilagarcía foi a empresa que financiou estes abonos, para colaborar co obxectivo do clube arousán de chegar ós 1000 socios nesta tempada.

Redacción Salnés