![]()
POBRA> O deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage, presentou no Parlamento varias preguntas en relación ó futuro centro de saúde da Pobra.
{flowplayer}barbanza/lagecentrodesaudepobra.flv{/flowplayer}
Lage Tuñas quere coñecer cando está previsto iniciar esta actuación e en canto está presupostado o seu orzamento.
Outra das cuestións que preocupan ó parlamentario socialista é se o emprazamento escollido, a carón do cemiterio do Caramiñal, cumpre todos os requisitos legais establecidos.
‘Dúbidas razoables’
Lage Tuñas entende que esta localización suscita dúbidas razoables, dado a existencia dun Decreto do ano 1998 da propia Consellería de Sanidade no que se esixe unha zona de protección de cincuenta metros nas construcións situadas a carón dun camposanto.
Dende a agrupación local socialista afirman que os accesos ó novo centro son deficientes e que na parcela non se contemplan a dotación de aparcadoiros.
Con todo, os socialistas consideran que unha decisión como a de buscar unha localización para o novo centro de saúde era preciso consensuala, alomenos, cas formacións políticas da corporación local. En troques diso, sinalou Teresa García, o alcalde recorre a descalificación persoal como recurso para poñer en dúbida a xestión que está a realizar como integrante da oposición.
Redacción Barbanza









