Repítense as colas ás portas de supermercados e farmacias

RIBEIRA> Foi a imaxe desta mañá e que se repetiu na maioría de concellos. Ringleiras de persoas ás portas dos supermercados e farmacias. Despois da xornada festiva de onte, foron moitas as persoas que sairon á rúa a facer as súas compras e a abastecerse de medicamentos. Iso si, gardando  a distancia de seguridade como establece a normativa. Nos establecementos tamén se limitou o seu aforo. Controlado en todo momento polos seus empregados, que ademais supervisaban que os clientes empregaran luvas de un só uso pola súa seguridade.