BARBANZA > Pretendían chamar a atención e vaia se o conseguiron. Ó redor dun cen bombeiros pertencentes ós parques comarcais da provincia da Coruña xestionados pola empresa Veicar espíronse diante da Deputación da Coruña para solicitar a sinatura dun convenio colectivo, denunciando a súa situación laboral.
Aínda que o pareza non ten nada que ver coa película ‘Full Monty’, senón que se trata dunha reivindicación.
Dende o pasado 20 de setembro, data na que o comité de empresa dos parques de bombeiros comarcais da provincia da Coruña presentaran a proposta do convenio, a empresa Veicar vén denegando sistematicamente as reclamacións solicitadas polos representantes dos traballadores. Despois de levar a cabo numerosas mobilizacións, non tiveron mellor ocurrenza que realizar unha concentración diante da Deputación coruñesa totalmente espidos para reivindicar cuestións tan importante para eles como o horario de traballo, a formación e un salario digno.
Con berros coma ‘Con este convenio estamos en pelotas’ os bombeiros pretenden un cambio de postura da empresa á que pertencen, solicitando ademais a intermediación da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña no conflito.
A mobilización na Coruña levantou gran expectación, sendo moitos os medios de comunicación que acudiron á convocatoria para dar conta da nova, así como curiosos e familiares dos propios bombeiros que non quixeron deixa-los sós nas súas reivindicacións.
Os traballadores dos parques de bombeiros comarcais de toda a provincia da Coruña teñen previsto continuar coas mobilizacións ata conseguir as súas solicitudes. O seguinte paso será unha folga de fame.
Redacción Barbanza