Nervios, madrugóns e reencontros na ‘volta ó cole’

    comezo_curso copia.jpgSALNÉS> Preto de 195.000 alumnos de infantil e primaria de toda Galicia asistiron ó seu primeiro día de clase.

     {flowplayer}images/salnes/VOLTA_COLE.flv{/flowplayer}

    Ás nove e media da mañá, o colexio de Barrantes, en Ribadumia era un bule bule de nenos e pais impacientes ante o primeiro día de colexio. Este é un dos máis de mil centros de infantil e primaria que hoxe abriron en Galicia para inaugurar o curso 2010-2011. En xeral poucos choros e moitas ganas de volver á rutina. E é que as vacacións parece que xa se alongaban demasiado. Ademais, entre a compra de libros, roupa nova e as ansias de ver ós amigos e mestres, hoxe, como excepción, os nervios fixeron de despertador.

    Pero a verdade é que pais e avós case tiñan tantas ganas ou máis que os cativos por que os colexios abriran as portas. Aínda que non todo ían a ser alegrías neste primeiro día. Algún choro e tamén algún que outro lamento polo fin do verán completaron o ambiente ás portas dos centros.

    O luns xa será o día de comezar en serio as clases, e o primeiro para os preto de doce centros de toda Galicia que hoxe non puideron abrir por mor das obras de reforma. Entre eles o CEIP Brea Segade de Taragoña, en Rianxo. Dento dunha semana, o venres 17, sumaranse os estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional.

    Redacción Salnés