A CIG non se unirá á folga xeral de CCOO e UXT do 29 de setembro

    FOLGA_XERAL_CIG copy.jpg SALNÉS> Convocan as súas propias manifestacións para o mesmo día. Serán nas principais cidades galegas. No Salnés será en Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_FOLGA_XERAL.flv{/flowplayer}
     
    O sindicato CIG súmase ás manifestacións en contra da reforma laboral que veñen de aprobar no Congreso dos Deputados. O farán o vindeiro 29 de setembro, pero desta volta en solitario. A pesares de que o argumento para convocar a folga é o mesmo que o de CCOO e UXT, aseguran que non están de acordo coas súas políticas de pacto social.
     
    Polo tanto, convocan os seus propios actos. A CIG ten previsto facer manifestacións nas principais cidades galegas, no Salnés será en Vilagarcía. Informan, ademais, que as medidas de presión van ir máis aló desta convocatoria. Aínda que consideran que era necesario celebrala antes, aseguran non é tarde.
     
    Tamén fan un chamamento ós comerciantes do Salnés a que se unan á manifestación.
     
    Desde a CIG invitan, por último, a tódolos traballadores da área pública a que se unan ás manifestacións porque, aseguran, tamén se ven prexudicados por esta reforma laboral.
     
     
    Redacción Salnés