O GROVE> Protesta veciñal no Grove polo abandono da antiga residencia Santo Ángel. A maleza da horta traseira do inmoble supera os 3 metros de altura e alcanza as fincas lindeiras. Os veciños temen que se poida producir un incendio ou ser atacados polos animais que atravesan os muros.
Xa hai moitos anos que a residencia para maiores Santo Ángel do Grove vivía a súa mellor época. As malas xestións e a falta de pagamentos levaron á consellería a trasladar aos seus usuarios no 2011 provocando o peche do servizo. Dende entón as instalacións están abandonadas. 8 anos nos que ninguén se preocupou pola maleza que pouco a pouco foi crecendo na hora traseira ata alcanzar varias metros de lonxitude. Ninguén, salvo os veciños das fincas lindeiras que teñen que cortar eles mesmos as silveiras que atravesan os muros.
Os veciños temen que se poida producir un incendio ou ser atacados polos animais que atravesan os muros.
A veciñanza xa reclamou ao concello que tome medidas. Despois de tres visitas á casa consistorial, segundo a veciña, o goberno municipal aseguroulle que non podían facer nada porque as instalacións agora son propiedade dun banco. Os veciños non entende como o concello non pode facer que un banco cumpra cunhas normas básicas de mantemento.
Os veciños séntense abandonados e desprotexidos. Advirten que coa súa idade cada vez lles custa máis poder cortar todas as malezas que atravesan os muros. Lamentan ter que ser eles os que realizan estas tarefas para que as silveiras e os animais non cheguen as súas vivendas.