
{flowplayer}images/salnes/POIOMOSTRAWEB.flv{/flowplayer}
O ano pasado foi o primeiro que se celebrou a Poiomostra, que sen embargo conseguiu un importante éxito de asistencia de público e, sobre todo de ventas. Dende a Asociación de Comerciantes de Poio, organizadores desta iniciativa, xa a consideran máis que consolidada.
Liberarse de stocks e mellorar os malos resultados das vendas dos últimos tempos, é un dos obxectivos básicos desta feira de oportunidades. Pero darse a coñecer entre os compradores, tamén é unha boa motivación para os comerciantes.
Pero os vendedores non son os únicos beneficiados pola iniciativa. Os compradores tampouco perden esta oportunidade.
Ata o próximo luns, tendas de Coruña, Boiro, Ribeira, Rianxo, Marín, Vigo e por suposto Poio, estarán cos seus stocks no pavillón da Seca, cun horario ininterrompido.
Redacción Salnés