PORTO DO SON> Na súa presentación oficial, Manuel Tomé estivo arroupado polo Secretario Provincial, Diego Calvo, Manuel Álvarez-Campana e Rosa Quintana.
Despois de moitas conxecturas, desvelouse a incógnita de quen será o cabeza de lista do Partido Popular en Porto do Son nos comicios municipais de 2011.
{flowplayer}barbanza/tomecandidato.flv{/flowplayer}
A dirección provincial do Partido Popular volta confiar en Manuel Tomé, que foi alcalde do municipio os dous primeiros anos deste mandato, ata que, o pasado mes de novembro, un moción de censura presentada polo PSOE e o BNG, o relevou do seu cargo. Diego Calvo, Secretario Provincial da formación, sinalou que o concello de Porto do Son se merece “un alcalde de primeira que esté a altura do municipio e non unha coalición de perdedores”.
Calvo recalcou o recoñecemento público ó labor desenvolvido por Tomé e o seu equipo á fronte do concello xa que a súa xestión en Porto do Son permitiu que se levara a cabo un proxecto con transparencia e participación. Deste xeito, engadiu, "Manuel Tomé é o mellor aval que teñen os cidadáns para facer que o municipio retome a senda da eficacia e correcta xestión".
Pola súa banda, Tomé agradeceu a dirección do Partido Popular de Galicia a confianza depositada nel e anunciou o seu firme compromiso ca cidadanía sonense. Para Tomé a actual situación política traslada unha imaxe negativa do concello á toda a comarca. Por isto, dixo que a súa obriga era cambiar o panorama actual e dar solucións acertadas os problemas dos sonenses.
Redacción Barbanza