O Céltiga asina un empate a domicilio ante o Marín

futbol1100.jpgSALNÉS> A Preferente Sur e a Terceira División pechan a súa terceira xornada sen resultados positivos para os equipos do Salnés. Todos os conxuntos da comarca caeron ante os seus rivais. O mellor resultado, veu da man do Céltiga que conseguiu un empate a domicilio con dous tantos no marcador ante o Marín.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL_AROSA.flv{/flowplayer}

O marcador estreouno no minuto 15 o conxunto visitante, da man do recén incorporado Robert, que cabeceou un córner ó fondo da rede. Os isleños non reaccionaron ata a media hora, cando Manuel remataba en gol un servizo interior do centrocampista Fernando. Unha falta sinalada ó meta visitante, foi aproveitada por Ero, que encaixou o rechace entre os tres paos do Marín. As protestas do meta valéronlle unha roxa directa, deixando ó Marín con 10 xogadores. Robert foi o encargado de igualar o marcador, levando ó seu conxunto ó descanso cunha vantaxe sobre os locais. O partido sentenciouse ó dous minutos da segunda metade, cun penalti culminado por Aarón.

Sanxenxo, Ribadumia e Arousa non sumaron ningún punto na terceira xornada da Liga. O conxunto de Calucho encaixou no campo de Oira a súa primeira derrota da tempada ante o Ourense B. Despois de que Fernando Aguín desperdiciase unha pena máxima, os ourensanistas aproveitaron a contra para decidir o marcador co 1 a 0 definitivo. O Bahía foi moi superior ó Ribadumia, que cun 2 a 1 firmaba a súa segunda derrota da tempada. Peor foi para o Arousa, que despois de controlar o partido volveu a casa cun marcador de 2 a 0 ante o Gran Peña.

Tampouco lles foi mellor ós dous representantes da comarca na terceira división. O Portonovo foi arrasado a domicilio polo Ourense, quedando entre os postos de descenso. A pesares de que os locais puxéronse por diante no marcador no minuto 24, o visitante conseguía chegar ó descanso con 1 a 2, sentenciando na segunda metade o 1 a 4 definitivo. O Vilalonga perdeu o partido ante o Estradense en só tres minutos da segunda parte, despois dunha decisión polémica do colexiado que rematou con Abraham expulsado. O equipo local aproveitou a vantaxe numérica para marcar o único tanto do encontro.

Redacción Salnés