VILANOVA>Brutal accidente na vía rápida do Salnés, á altura de Vilanova. Hai unha muller falecida e un home ferido grave. A vítima era a condutora dunha furgoneta que circulaba en sentido Cambados. Por razóns que aínda se investigan, saíuse da vía e invadiu o carril contrario. Bateu contra un guindastre que transportaba un vehículo, con dirección a Vilagarcía.
As primeiras hipóteses apuntan a que a muller puido quedar durmida ao volante. Tiña 62 anos e era veciña do concello da Estrada. O seu corpo sen vida tivo que ser excarcerado do interior da furgoneta polos efectivos de emerxencia. Pola súa banda, o varón foi evacuado ao Hospital de Santiago. Segundo indican algunhas fontes, estaba estable dentro da gravidade das súas feridas.
O accidente mobilizou ata a zona, case no límite co concello de Vilagarcía, a numerosas dotacións. Ademais dos Bombeiros e do 061, interviu a Garda Civil, A Policía Local e Portección Civil. Na zona tamén se produciron longas retencións por mor deste sinistro.
Este novo accidente volve poñer de manifesto a perigosidade deste tipo de vías de alta capacidade e de dobre sentido.