A POBRA> O concello da Pobra adquire o antigo restaurante O Lagar. O investimento para a compra do local, que xa estaba sendo empregado polo Concello como casa da mocidade e espazo coworking, ascendeu a uns 445 mil euros, que serán financiados a través dunha operación de creto.
Satisfacción no seo do executivo pobrense tralo acordo acadado co propietario do antigo restaurante O Lagar que posibilitou a compra deste local. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, xunto co resto de membros do equipo de goberno realizou unha visita ás instalacións. Segundo o rexedor o edificio presenta unhas características singulares e idóneas para unha finalidade sociocultural.
O prezo de compra do local ascendeu a uns 455 mil euros, que serán afrontados polo Concello a través dunha operación de creto con Abanca.
Dende o Concello quixeron agradecer ós anteriores propietarios as facilidades dadas no transcurso de todo o proceso de compra do local. Un edificio ademais que xa viña sendo empregado dende hai varios anos polo Concello en réxime de alugueiro, xa que nel emprázanse o espazo coworking e a casa da mocidade