SALNÉS> O obxectivo é promocionar a comarca do Salnés no mercado turístico xaponés, un sector cheo de posibilidades para os empresarios comarcais.
{flowplayer}images/salnes/TOUROPERADORES_XAPONESES.flv{/flowplayer}
Dar a coñecer a gastronomía, as paisaxes, o sector pesqueiro e as posibilidades do turismo náutico na comarca do Salnés, para potenciar o turismo dende Xapón. Estes son os obxectivos da Misión Comercial Inversa, que busca conquistar ós touroperadores e profesionais da información nipóns. O grupo visitou onte o entorno de Cambados. Esta mañá, a parada foi no Grove e na Illa da Toxa.
Exceptuando Santiago de Compostela, o resto de Galicia é un mercado case descoñecido para Xapón. Para atraer ó turista nipón, é necesario ofrecerlle unha imaxe diferente á de turismo de sol e praia, cunha proposta máis cultural.
A seguridade tamén concentrou numerosas preguntas dos visitantes xaponeses, que se amosaron satisfeitos coa ruta grovense.
Pola tarde, a comitiva foi recibida en Sanxenxo pola alcaldesa, Catalina González. Alí visitaron algúns dos lugares de maior interese, como Clube Náutico e o campo de golf do monte Castrove. Para mañá, o destino serán Vilagarcía e o seu porto, unha oportunidade que a Autoridade Portuaria aproveitará para darse a coñecer como posible escala de cruceiros xaponeses nas súas viaxes por Europa.
Redacción Salnés