Continúan abertas todas as hipóteses no caso de Sonia Iglesias

    SONIA_IGLESIAS_1309 copy.jpg PONTEVEDRA> O Subdelegado do Goberno fai un chamamento á responsabilidade e asegura que a comunicación coa familia é diaria.

    {flowplayer}images/salnes/SUBDELEGADO_PONTEVEDRA_SONIA.flv{/flowplayer}
     
    Despois de coñecer que a Policía Nacional ampliaba a busca da pontevedresa a tódolos países da Unión Europea, as últimas novidade que chegan en torno ó caso proceden, unha vez máis, das mobilizacións promovidas por familiares e compañeiro da moza. Onte peregrinaban ata o municipio de Moraña para pedir á Virxe dos Milagros axuda na busca. Unha investigación que non cesa.
     
    Fernández asegura que o contacto entre Policía Nacional e familia é continuo, e que polo de agora mantéñense abertas tódalas liñas de investigación.
     
    O subdelegado do Goberno realizaba estas declaración precisamente na Comisaría de Policía de Pontevedra, onde 25 alumnos acaban de incorporarse para completar a súa formación ata o vindeiro mes de xaneiro.
     
     
    Redacción Salnés