![]()
SALNÉS> Segundo o Consello Regulador da DO Rías Baixas a vendimia do 2010 vai ser unha das mellores dos últimos anos.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLO_REGULADOR_VENDIMIA.flv{/flowplayer}
Os viticultores do Salnés viñan vaticinando fai unhas semanas que a colleita deste ano ía ser excelente debido a que as condicións climatolóxicas permitiron que a uva madurase ata acadar o seu estado óptimo. Despois de que se iniciase a tempada fai uns días, o Presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas manifestou esta mañá que a colleita do 2010 vai a ser unha das mellores dos últimos anos, tanto en calidade coma en cantidade.
Isto vai a supoñer, segundo estimacións do Consello Regulador que a colleita deste ano vai aumentr nun 25% con respecto ó 2009.
Debido precisamente á boa colleita deste ano, Unións Agrarias demandaba a semana pasada que se aumentase o rendemento por hectárea nun 25%. José Ramón Meiriño, coincidindo co Xerente do Consello Regulador, informou que o pleno foi o que decidiu que se incrementara só nun 8%, e así o teñen que respectar os viticultores
De non cumprir estas cantidades, Meiriño asegurou que as adegas que se excedan da cantidade permitida, serán sancionados tal e como recolle a normativa actual.
Redacción Salnés









