![]()
PONTEVEDRA> Once premiados das Rías Baixas dun total de 44 caldos que foron galardoados das cinco Denominacións de Orixe galegas.
{flowplayer}images/salnes/PREMIOS_GALLAECIA.flv{/flowplayer}
Esta mañá o Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acolleu a entrega dos premios Gallaecia 2010, convocados pola Asociación de Sumilleres de Galicia, que foron outorgados ós viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Foron un total de once caldos dos corenta e catro que participaron na cata final. Segundo a Presidenta da Asociación, estes caldos son un reflexo do que se pode atopar nas Rías Baixas.
Para os galardoados deste ano, o premio supón un orgullo porque, aseguran, é un recoñecemento ó traballo realizado ano tras ano.
Así tamén o manifestaba o Presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño. Estas distincións son, sen dúbida, un recoñecemento á calidade dos caldos da DO Rías Baixas.
Estes premios son recoñecidos coma Concurso oficial polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
Redacción Salnés








