As catas online de Martín Códax conquistan o padal dos seus seguidores

CAMBADOS> O enoturismo mantén o pulso ó coronavirus. As adegas exploran novos xeitos de dar a coñece-los seus caldos. É o caso de Martín Códax, que se suma á retransmisión de catas a través das redes sociais. A iniciativa conta cun gran apoio por parte do público. Os vídeos, de feito, suman xa milleiros de reproducións.

As adegas de Rías Baixas exploran novos xeitos de visibiliza-los seus caldos. A crise sanitaria do coronavirus non impide seguir gozando dos viños da denominación de orixe. Iso si, agora a través de novos xeitos.

É o caso de Martín Códax, que a través das súa redes sociais, ofrece ós seus seguidores catas en directo.

As publicacións inclúen explicacións sobre a historia da adega, as características das parcelas onde están as vides e, por suposto, unha análide do viño, comezando pola fase visual.

A través das explicacións do sumiller, os seguidores poden facer na casa a súa propia cata seguindo, paso a paso, todo o proceso. Despois da fase visual, toca a olfativa e, por último, boca.

A iniciativa, que se emite os mércores ás 6 e media da tarde, conta cun gran apoio por parte do público. Os vídeos, de feito, suman xa milleiros de reproducións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí