Ravella negocia cos sindicatos a reorganización do persoal

    tomas_fole100.jpgVILAGARCÍA> O Goberno municipal de Vilagarcía quere establecer, a partir de xullo, quendas de mañá, tarde e fins de semana nos servizos externos

    {flowplayer}images/salnes/PROPOSTAS_NEGOCIACION_CONCELLO.flv{/flowplayer}

    … como Obras, Parques e Xardíns, Alumeado ou Medio Ambiente. E así llo propuxo xa á mesa de negociación do persoal municipal. Esta medida afectaría a case 130 operarios que, en principio, se rotarían nas quendas.

    Esta é unha das medidas, descritas como brandas polo alcalde, para tratar de diminuír o gasto de persoal. Busca ademais minimizar as horas extra e facer cumprir as 37 horas e media do horario laboral municipal. Amais das quendas, o grupo de goberno propón abrir o Concello unha tarde á semana, ou establecer unha bolsa de horas para picos de actividade en certos departamentos.

    Outra medida de aforro será anular a póliza de seguro actual e pasar os traballadores á Seguridade Social. O Goberno local tamén pretende revisar as gratificacións, que o ano pasado supuxeron un gasto de máis 30.500 euros, e tamén as axudas para adquirir gafas, lentes de contacto ou próteses dentais, nas que investiron 7.000 euros.

    O alcalde lembrou que estas medidas xa foron formuladas á oposición e ós sindicatos na negociación do orzamento deste ano e do plan de saneamento. A decembro de 2011, o cadro de persoal municipal estaba composto por 372 traballadores, entre funcionarios e persoal laboral ou interino.

    Estas medidas xa non precisan ir a pleno e serán tratadas directamente na mesa de negociación cos sindicatos.

    Redacción Salnés