A Ruta del Padre Sarmiento recóllese nun libro

A Ruta del Padre Sarmiento recóllese nun libro

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés continúa ca súa aposta pola promoción das rutas da comarca. Hoxe en Sanxenxo presentaron o libro “Ruta del Padre Sarmiento a Santiago, rodeando O Salnés”. A obra recolle toda a riqueza cultural e natural das 9 etapas deste camiño.

Segundo a Mancomunidade do Salnés xa son máis de 10 mil peregrinos os que cada ano percorren as dúas rutas da comarca. Tanto a Variante Espiritual como a Ruta do Pai Sarmiento non deixan de crecer en visitantes. Para continuar ca promoción dos camiños a Mancomunidade presenta o libro “Ruta del Padre Sarmiento a Santiago, rodeando O Salnés”.

A deseñadora da obra, Ana Cancela, sinala os puntos importantes do libro: coñecer O Salnés e valorar un personaxe moi importante para a comarca.

O libro está baseado na ruta que o Pai Sarmiento fixo en 1745. Facendo honra ó seu camiño, a obra está deseñada como un diario de viaxe, o que marca as súas características.

Polo de agora os únicos exemplares en formato físico teñen carácter institucional, pero está dispoñible de forma gratuíta para todos os públicos na web da Mancomunidade.