RIBEIRA> Medio cento de establecementos participarán na Noite Aberta organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira. Ademais de abrir ata as dez da noite, os comercios ofrecerán interesantes descontos. Haberá un tobogán de auga e inchables para os máis cativos.
A Asociación de Empresarios de Ribeira segue a apostar pola dinamización do comerciao e hostalería locais con campañas como a Noite Aberta que se desenvolverá este venres e sábado coincidindo con outros eventos impulsados pola patronal en colaboración co concello.
As tendas participantes ampliarán o seu horario de peche ata as dez e ofrecerán descontos. Durante toda a xornada desenvolveranse actividades de animación e inchables para os nenos.
Ó igual que en anteriores campañas, os establecementos participantes ofrecerán bonos para estacionar de balde no aparcadoiro do Centenario.