A Pobra rende unha emotiva última homenaxe a Diana Quer

POBRA> A Pobra acolleu este domingo un acto en memoria de Diana Quer. Ademais de familiares e veciños, numerosas autoridades asistiron á concentración que tivo lugar no adro da igrexa do Castelo. Juan Carlos Quer, pai de Diana, quixo agradecer neste acto a solidariedade dos pobrenses e de tódolos barbanzáns, especialmente dos voluntarios de Protección Civil e das forzas de seguridade, que non deixaron de buscar á súa filla nos preto de cincocentos días que permaneceu desaparecida. Ademais do delegado de goberno en Galicia e o presidente da Xunta, asistiron a esta homenaxe diversas autoridades da comarca e altos mandos da Garda Civil. Xunto a eles, ducias de cidadáns anónimos que quixeron arroupar á familia neste último adeus a Diana. A lectura dun poema e a interpretación de Negra Sombra ó piano puxeron o broche a esta emotiva despedida que a familia quixo que fora na Pobra, un lugar onde Diana foi moi feliz.