O comercio local visto polos nenos protagoniza a nova campaña da ABE

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios presentou esta mañá a campaña Somos Boiro que, nesta edición, contou coa colaboración dos centros educativos. Nove debuxos, de entre os moitos presentados polos escolares, convertéronse na imaxe da campaña que xa loce na rúa peonil.

Esta é a nova imaxe da campaña Somos Boiro que vén de poñer en marcha a ABE. Os autores destas 9 creacións son alumnos de distintos centros educativos que participaron no concurso convocado polo concello e a asociación de empresarios para ilustrar esta campaña que leva por título ‘O Pequeno fainos grandes’

Os debuxos, seleccionados polo seu lema e colorido, van acompañados dun código QR a través dos que a xente pode votar o seu preferido entrando no sorteo dun pack de verán da ABE ata o día 16 de xuño.

Dende a ABE e o concello agradeceron a implicación dos centros escolares nesta campaña que agardan teña continuidade en vindeiras edicións.