Empresas sen luz nin auga

    deficienciasespineira.jpgBOIRO> A falta de servizos na segunda fase do polígono de Espiñeira impide a instalación de empresas nas vintecatro parcelas de que consta o recinto.

    {flowplayer}barbanza/deficienciaspoligonoboiro.flv{/flowplayer}

    A historia repítese e semella que as deficiencias que, en moitos casos, aínda persisten na primeira fase están tamén presentes na segunda. Polo momento, Xestur e Unión Fenosa non foron quen de acometer o proxecto de instalación eléctrica. Ó carecer de electricidade tampouco poden funcionar os bombeos da rede de sumidoiros.

    As deficiencias na presión de auga, coas que xa conviven as empresas da primeira fase, vense agravadas co crecemento do polígono. Engádense ós constantes problemas coa potencia eléctrica ou a necesidade do acondicionamento dun vial que conecte a primeira e a segunda fase.

    Compromiso

    Os empresarios confían en que Xestur cumpra os seus compromisos de modo que as empresas poidan comezar a instalarse. Polo momento hai xa unha bave edificada e dúas en fase de construción que unha vez rematadas agardan poder iniciar a actividade.

    Para o próximo catro de outubro está prevista unha asemblea da comisión xestora na que se aprobarán os estatutos e se elixirá a nova directiva. Os seus membros serán os encargados de emprender as accións oportunas para permitir a correcta implantación das empresas con tódalas garantías.

    Redacción Barbanza