Cea rende homenaxe ó seu ilustre veciño Rogelio García Barcala

    rogeliogarciabarcala100_250607.jpgVILAGARCÍA > O intelectual Rogelio García Barcala recibiu esta fin de semana unha homenaxe de seus familiares e veciños …

    … da parroquia de Cea.

    Un fin de semana inolvidable, foi o que viviu o vilagarcián Rogelio García Barcala, natural de Cea. Despois de ser recibido polo alcalde Enrique León o pasado venres, o sábado ofreceu unha conferencia na que relatou feitos da súa vida. En plena Dictadura fuxiu a Francia polos Pirineos, militou en agrupacións maquis que pretendían invadir España para liberala do goberno de Franco e acabou pasando a súa vida a cabalo entre México e Estados Unidos. Unha historia que plasmou no seu primeiro libro, El Maquis, e que lle abriu logo as portas do mundo editorial.

    Ós seus 87 anos regresou a Vilagarcía para visitar o seu Cea natal e atopouse cunha maratón de recoñecementos, que rematou onte domingo coa inauguración dun monolito na súa honra, instalado xunto ó Centro Cultural de Cea. Rogelio García asistiu emocionado ó acto acompañado de familiares e dun bo número de veciños. Tamén asistiu o párroco da localidade que actuou como mestre de cerimonias e bendiciu o monumento. O mércores volve a Estados Unidos, sen dúbida cun bo recordo do seu Cea natal.

    Redacción Salnés