Rodríguez destaca a importancia económica, cultural e turística do Albariño

CAMBADOS> Como en cada edición, moitos rostros coñecidos déixanse ver polo Paseo da Calzada. Quen repetiu este ano a súa visita á Festa do Albariño foi o Conselleiro de Educación. Román Rodríguez destacou o éxito da cita.

Para o responsable de Cultura na Xunta de Galicia, a Festa do Albariño de Cambados supón un éxito en tres niveis completamente diferentes: o apoio aos agricultores, a promoción cultural e a atracción turística.