Morre o xoven de Ribadumia que caeu dunha obra en Pontevedra

    RIBADUMIA > Un xoven de Ribadumia, Manuel Hermida, faleceu tras sufrir un accidente laboral en Pontevedra. O mozo, que traballaba como autónomo, caeu ó baleiro dende o tellado dun edificio de seis plantas. O golpe foi moi forte e aínda que ingresou con vida, falecía esta madrugada.
    Manuel Hermida Prado, veciño de Ribadumia e de 26 anos faleceu no hospital Montecelo tras caer do tellado no que traballaba, nun edificio de seis plantas na avenida de Lugo, en Pontevedra. O mozo morreu sobre as 6 e media da mañá debido á extrema gravidade das súas lesións. Manuel Hermida era autónomo e limpaba o tellado do edificio cando, por causas que se descoñecen, caeu dende unha altura de máis de 6 pisos. Ésta é a terceira morte por accidente laboral nos últimos meses na cidade de Pontevedra. O 21 de novembro tivo lugar un no Complexo Industrial de Lourizán no que morreu un pontevedrés e uns días despois falecía o veciño de Vilagarcía José Luis Güimil cando traballaba nas obras do centro social de Caixanova.
    Redacción Salnés