Tres xogadores do Salnés e un do Barbanza, premiados no Torneo de Xadrez

XADREZ_DEPORTES.jpgVILANOVA> A competición, incluída no Circuíto Galego Escolar, disputouse o sábado e contou coa participación de 145 xogadores. Jorge Méndez do Club de Xadrez Rianxo, o vilanovés Miguel Ángel Bayón, o vilagarcián Lucas Abal e o xogador do Fontecarmoa Julio Suárez foron destacados en varias das cinco categorías nas que se dividiu o torneo.

{flowplayer}images/salnes/TROFEO_XADREZ_VILANOVA.flv{/flowplayer}

Jorge Méndez, do Club de Xadrez Rianxo, alzouse coa máxima distinción do Torneo concello de Vilanova – Copa Deputación 2010 de xadrez na categoría promesas, é dicir, para menores de oito anos. Tamén nesta clase, e en terceiro lugar, acabou o vilanovés Miguel Ángel Bayón, do Fontecarmoa. Son dous dos xogadores das Rías Baixas que acadaron as máximas posicións nunha competición incluída no circuíto galego e que este ano logrou reunir a 145 xogadores. A competición organizouse seguindo o sistema de suízo a sete roldas e os participantes dividíronse en cinco categorías. Ademais da promesas, en benxamín resultou vencedor Pablo Vidal, do Club Lucena de Vigo.

En alevíns, a máxima distinción recaeu no ourensán Adrián Gómez, e en infantil atopamos de novo a un arousán, o axedrecista de Vilagarcía Lucas Abal. Entre os cadetes, na categoría sub 16, resultou vencedor Luis Medarde, da Universidade Santiago de Compostela, seguido doutro xogador do Fontecarmoa, Julio Suárez.

O Torneo concello de Vilanova de Xadrez é xa unha das probas máis relevantes dento da competición a nivel galego. Está organizado pola concellería de Deportes e Xuventude do municipio, en colaboración coa Federación Galega de Xadrez, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes Vilanova Centro.

Redacción Salnés