O Revenidas encherá de música Vilaxoán dende o 19 ao 21 de agosto

    VILAGARCÍA> Arousa encherase este verán de música e ambiente, un mes despois da celebración do Atlantic Fest, na Illa de Arousa, chegará a Vilaxoán o festival de As Revenidas 2016, que ano tras ano consolidase como unha romería multicultural. 

     

    A décimo terceira edición do Festival Revenidas xa está en marcha. Este martes a praia do Preguntoiro era testemuña da presentación deste festival que volverá a Vilaxoán do 19 ao 21 de agosto. Pero mentres este venres os “revenidos” teñen unha cita na praza da Peixería, en Vilagarcía. 

    O tamén coñecido como Festival das Linguas celebrárase en dous escenarios nos que soarán ritmos como os do rapeiro brasileiro Gabriel O Pensador; o ska festeiro do grupo italiano Talco; ou o rock reivindicativos dos valencianos La Raíz, entre outros. 

    O Revenidas é un dos 13 encontros subvencionados pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de axudas de Agadic a festivais profesionais de música.

    Os bonos para os tres días que dura o festival xa están a venda na páxina ticketea.com, e fisicamente nos establecementos asociados. Ademais o porto de Vilaxoán, albergará a meirande parte das actividades de balde para todos os públicos, entre as que destaca a sardiñada popular, o Xoubiñas Festi para os cativos e a Gala Solidaria do Circo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/28/ptac_festival_revenidas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/28/ptac_festival_revenidas.mp4{/flowplayer}