Pilar Farjas visita as instalacións reformadas do centro de saúde

    centro_valga_copia100.jpgVALGA> O Servizo Galego de Saúde destinou preto de 1,6 millóns de euros . A alcaldesa de Pontecesures aproveitou para pedir un pediatra para o seu concello.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRA_SANIDADE_VALGA.flv{/flowplayer}

    O investimento permitiu ampliar neste centro unha superficie de máis de 500 metros cadrados, así como afrontar a reforma de máis de 900. O ambulatorio puido aumentar o seu número de consultas, con oito salas en total. Os traballos tamén melloraron as dependencias do punto de atención continuada con tres salas de consultas e observación e un área de descanso do persoal. Reformas necesarias nun centro que atende máis de 7.600 tarxetas sanitarias e conta con 24 profesionais en plantilla.

    Na visita da conselleira, tamén estivo presente a alcaldesa de Pontecesures, municipio co que Valga comparte o centro de saúde. Maribel Castro aproveitou a oportunidade para trasladar á conselleira as necesidades do seu concello.

    Farjas non abordou directamente a solicitude, algo que haberá que valorar despois de ter implantada de xeito completo a receita electrónica. Un avance que libera un 20% o tempo dos facultativos.

    A conselleira tamén falou da campaña de vacinación contra a gripe, e recomendou a vacina de toda a poboación, sobre todo nos maiores de 60 anos, a pesares de que se prevé que a virulencia este ano será media.

    Redacción Salnés