O PP ataca a Ravella pola demolición do CIRA

    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía ataca ao goberno polo derrube do acuario da praia de Compostela.

    Para Tomás Fole, o único modelo de cidade de Alberto Varela é desmantelar o modelo de cidade creado polo exalcalde socialista Javier Gago. O voceiro do PP chamou a Varela ‘iluminado’, xa que non entende que defenda a demolición do CIRA para poder ver Cortegada e acto seguido poña sobre a mesa a posibilidade de construír un novo centro de interpretación na propia Illa. Tamén cualificou de metedura de pata que xa no mes de novembro Ravella comezara a baleirar o acuario, a pesares de que o derrube non comezou ata esta mesma semana. Sobre a construción dun novo centro en Cortegada, Fole asegurou que se trata dunha cortina de fume que rematará no mesmo caixón no que están outros proxectos pendentes, como o obelisco, o Vai Bike, ou o concelleiro número 22.