416 familias vilagarciás non perciben ingreso algún.

    VILAGARCIA> Ó igual que fixeran fai uns días con Pontevedra, a UXT da Arousa ven de analizar a valorar a situación socio-laboral na Comarca da Arousa e en Vilagarcía. Neste último Concello hai a día de hoxe 1.342 familias con tódolos membros no paro e unhas 416 que non perciben ingreso algún. A UXT cualifica a situación da Arousa de emerxencia social, malia que sospeita que poderían ser peores as cifras reais que as aproximadas, posto que o Concello de Vilagarcía non facilitou os datos cos que conta a día de hoxe. Ó Goberno Municipal é a quen piden, en primeira estancia, actuacións directas de sensibilidade sobre a poboación; amais de reclamar actuacións semellantes dos demais estamentos de gobernos provincial, autonómico e estatal. Alertan desde a UXT que caeu o emprego e o que hai é moito máis precario: na comarca da Arousa realízanse arestora moitos traballos polo menos cartos que fai uns meses por culpa da flexibilidade imposta pola reforma laboral. Pola contra, o incremento da ganancia empresarial vai cinco punto por riba da baixada de emprego. Un dos sectores máis sensibles na Arousa é o dos servicios e o pequeno comercio. Na capital arousá adícanse a este sector 388 empresas, o 27,5 % do total; o que conleva o perigo de ser os primeiros que sofren a contención do gasto; co que as previsións da UXT son negativas tamén de cara ó futuro inmediato. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/uxt_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/situacion_laboral_arousa_231213.mp4{/flowplayer}