![]()
VILAGARCÍA> Agora, o concello tentará convencer ó Ministerio de Industria para que lles permitan destinar eses cartos a outras actuacións.
{flowplayer}images/salnes/LUZ_SALGADA.flv{/flowplayer}
As manifestacións públicas das últimas semanas dos grupos da oposición de Vilagarcía en contra da construción dun aparcamento na explanada de Fexdega, obrigou ó edil de Ordenación do Territorio a anunciar esta mañá que finalmente non se vai a construír. Debido a esta falta de acordo, esta actuación non se levará a pleno.
Ante esta situación, Marcelino Abuín recoñeceu que se trata dun proxecto que ven do goberno anterior e afirma que eles o que quixeron desde un principio era ter liberdade para programar o diñeiro do proxecto Luz Salgada pero sempre estivo condicionado á inversión nun aparcamento.
Agora, se non se constrúe o aparcamento terán que devolver os cartos ó Ministerio de Industria. Por iso, agardan convencer ó goberno central para que poidan destinar eses cartos a outras actuacións do concello.
Polo momento, conseguiron que o Ministerio de Industria lles amplíe o prazo de execución do proxecto Luz Salgada ata o 2012.
Redacción Salnés










