RIBADUMIA> A novena edición da andaina solidaria do Tinto, en Ribadumia, recadará fondos este ano para Bata. A iniciativa vai ter lugar o vindeiro 7 de xuño. Na organización agardan contar cuns 200 participantes, que contribúen na parte solidaria achegando a vontade. A andaina terá un percorrido duns oito quilómetros, facendo un completo percorrido natural pola localidade.
A parte máis solidaria da Festa do Tinto do Salnés será, un ano máis, a andaina. A cita chega este ano á súa novena edición. Vaise celebrar o 7 de xuño pola mañá, a partir das 10. Este ano a favor da Asociación Bata.
Cada ano, a organización elixe unha organización social para aportar o seu gran de area. Cada un dos participantes na andaina colaborará na parte solidaria achegando unha aportación económica a vontade, para que Bata poida seguir desenvolvendo o seu labor na zona.
A andaina terá un percorrido duns 8 quilómetros. Fará un completo percorrido natural pola localidade.
Nas últimas edicións participaron arredor dunhas 200 persoas, cifra que agardan acadar de novo este ano.











