![]()
RIBEIRA> Os pais dos alumnos do colexio Dean Grande inician unha cruzada contra a Consellería de Educación para que envien ó centro un profesor máis.
{flowplayer}barbanza/protestaspaisdean.flv{/flowplayer}
Dende que se iniciou o curso escolar en primaria, os pais e nais dos alumnos do colexio Dean Grande non deixan de loitar para que a Consellería de Educación envie un segundo mestre.
O ano pasado o centro contaba con dúas profesoras. O primeiro día de clase deste curso os pais levaron unha desagradable sorpresa, unha única mestra tíñase que facer cargo de vinte alumnos de entre tres e cinco anos.
Os proxenitores din que se reduce a calidade do ensino, dado que é demasiado traballo para unha persoa soa. Sen contar, engaden, cos inconvenientes que poidan xurdir durante o curso.
Reunión urxente
O primeiro paso que deron foi solicitar unha xuntanza urxente coa Xefa Territorial de Educación da que están a espera. Asemade falaron coa Inspectora de Zona, que lles informou de que a normativa sobre agrupamento de alumnos quedou anulada por mor da crise económica.
Dende a concellería de Educación de Ribeira enviouse un informe para solicitar un mestre máis. Non obstante, os pais non están de acordo co escrito, dado que se pide un profesor de integración de minorías étnicas, cando o problema do colexio de Deán Grande non ten nada que ver con esa problemática.
Fan un chamamento ó alcalde de Ribeira para que os reciba e os sindicatos, ós grupos da oposición, as anpas e os antigos alumnos, para que os apoien nas súas reivindicacións.
Redacción Barbanza








